Corrección de cor, continuidade e look
| Seguinte > |
|---|
PRAZAS AGOTADAS
Impartido por: Jordi Molina Cuquerella
Nivel: Avanzado
Duración: 14 horas
Nº de prazas: 16
Cuota de inscripción: 80 €
Datas: 11 e 12 de febreiro 2012
-Workflow de posprodución para etalonadores
-Repaso ás ferramentas comúns de corrección de cor (usando principalmente o DAVINCI LITE para o obradoiro)
Segundo día de clase.
Corrección de varias secuencias sacadas de series de TV (Herederos, Tierra de Lobos), anuncios e curtas. Estas secuencias serán comentadas mentras se realiza coa clase a corrección.
Material que é recomendable que traia o alumno ao curso:
Ordenador con DAVINCI LITE (recomendado) ou APPLE COLOR.
O Profe: Jordi Molina Cuquerella
Naceu en Sevilla (1978), logo viviu en Barcelona (1985) e posteriormente en Madrid (2002). Leva en activo no audiovisual desde finais dos 90 como realizador de publicidade, técnico de efeitos especiais, colorista, director de fotografía e asesor técnico. Colabora regularmente coa Asociación de Camarógrafos de Televisión e Video (A.C.T.V), ROCHE HD, T.E.A (Fórum Español de Alta Definición) e o CLUSTER AUDIOVISUAL GALEGO en concepto de profesor e conferenciante. Como director realizou anuncios para clientes como Ubisoft, Loewe ou o exército español e numerosos videoclips de artistas como Amparanoia ou Ariel Rot. Como xefe técnico de posproducción e efeitos especiais realizou recentemente as series “Herederos” e “Fuera de Lugar” (TVE/Cuarzo), a película “El Frasco”, o documental “GITANOS DE BUENOS AIRES” (TVE/Continental) e a premiada curtametraxe de ciencia-ficción “CÍCLOPE” (Ignoto Planet).
Gosta de cazar zombies, estudar a transmigrazón das ánimas e chegar a ser mestre de Kendo.
PREMIOS:
-
Premio Best Short Film no Colorado Indie Spirit Film Festival 2010 por PARKING
-
Premio á mellor curtametraxe no Festival de Cine Negro de Manresa 2009 por PARKING
-
Premio de Distribución Madrid en Corto por PARKING
-
Finalista internacional no Festival de Manhattan por PARKING.
-
Premio á mellor dirección de fotografía no Festival de Alcala de Henares 2009 pola curtametraxe EPÍLOGO






