Cartel
Cartel
Imprimir
PDF

Open video e a web

PRAZAS AGOTADAS

Óscar OteroImpartido por: Óscar Otero e Berto YáñezBERTO YAÑEZ anavallasuiza.com
Duración: 14 horas
Nº de prazas: 16
Cuota de inscripción: 60 €
Datas: 11 e 12 de febreiro 2012

Dirixido a directores, cámaras, xornalistas/publicistas, deseñadores, programadores...

Aprenderemos que o video pode funcionar como a web, non ten que ser un recadro pechado de frames en movemento, romperemos os bordes do video para misturalo coa web que o rodea. Aprenderemos a usar recursos para crear páxinas interactivas para crear experiencias de video aumentadas. Para iso explicaremos conceptos básicos de HTML5, CSS3, Javascript e exportación de video optimizada para os navegadores Aprenderemos a usar ferramentas para sincronizar diferente contido (textos, imaxes, tweets, información da wikipedia, mapas…) ao video (ou audio), así como permitir ao usuario interactuar cos videos rompendo a da tradicional linealidade narrativa abrindo as portas a un novo xeito de contar historias visualmente. O nivel de coñecemento non ten que ser avanzado, de feito o máis interesante sería xuntar xente que coñeza como funciona o código fonte de da web con creadores de video para traballar entre si e tentar crear algo xuntos. Demos do que podemos facer: , si, en serio, podemos facer algo similar a isto en só dous dias: http://popcornjs.org/demos

DIA 1:

Pola mañá:- Presentación sobre o vídeo, audio e HTML5. Entendible para todo o mundo, usaremos multitude de exemplos para ver as posibilidades.
Pola tarde: Definición do proxecto (ou proxectos) que van facer: que gravar, que contido enriquecido levará, que elementos interactivos, etc. Dibuxaremos o proxecto sobre papel/pizarra e definiremos o fluxo de contido e a interactividade.
Unha vez decidido, a clase dividirase en dous grupos: -Creadores de contido: Saír a gravar o contido, buscar e preparar contidos de texto, audio, etc. / -Xente máis técnica: Explicación máis miúda e técnica de javascript. Ensinarlles a api de javascript, popcornjs, jquery, $.media, etc.

DIA 2:

Pola mañá:- Continuación das tarefas iniciadas onte: os creadores, crear/montar o contido e os programadores desenvolver comezar a desenvolver a web. -Mini taller de exportación do material resultante gravado e preparalo para usar na web. Explicación de ferramentas para crear ogg, webm, mp4, etc.
Pola tarde:- Creadores de contido: preparar o contido enriquecido para os vídeos: subtítulos, gmaps, o que sexa que se definise. -Xente máis técnica: rematar o código e pulir a interactividade final.

Nota: recoméndase aos alumn@s asistir ás clases cun ordenador portátil, ipads, cámaras de foto e video, smartphones..... e todo canto aparello polo estilo teñan.
Os Profes
Óscar Otero
Deseñador e desenvolvedor web dende fai máis de 10 anos, actualmente é un dos socios fundadores e director creativo da Navalla Suíza. En 2004 lanzou letrag.com, proxecto adicado á tipografía que gozou de grande éxito. Dende entón dedicou gran parte do seu tempo a investigar a web e desenvolver proxectos de codigo aberto.
Berto Yáñez
Traballou de desenvolvedor web en varias empresas dende finais dos anos 90. Foi o impulsor de multiples proxectos e experiementos na rede galega, algúns deles con un éxito relevante como Aduaneiros sem fronteiras ou Chuza.org. Ao longo destes anos tivo unha ampla actividade impartindo talleres e charlas sobre internet e novas tecnoloxías. Agora céntrase no seu traballo de coordinador de proxectos na empresa A Navalla Suíza da que é socio fundador. Nesta empresa leva tempo investigando nos novos camiños que abre para o audiovisual a web como entorno aberto e interactivo.