Storyboard
| < Anterior |
|---|
Impartido por: Alfonso Martínez
Nivel: iniciación
Duración: 14 horas
Prazas: 16
Cuota inscrición: 60 €
Datas: 11 e 12 de febreiro
FERRAMENTAS BASICAS DE PREPRODUCCION AUDIOVISUAL. O STORYBOARD
O storyboard é un recurso certamente denostado na industria audiovisual do noso país. Muitas veces prescíndese del, por razóns varias. Pero se miramos a lugares onde esta industria te en unha boa situación e de completa saúde, descubriremos que hai moi poucos proxectos que se poidan realizar sen a axuda desta ferramenta, da que a utilidade resúmese de xeito moi simple coa seguente ecuación: amaior preprodución, menor produción; o cal tradúcese nun aforro considerábel de recursos económicos, humanos, e sobre todo, dese factor que todo o debora: o tempo.
Un storyboard eficiente, sexa como guía ou como presentación dun proxecto, sempre axudará a que a historia, por unha vez, teña un final feliz.
Tras definir os distintos tipos de story, formatos, e necesidades que podemos encontrar, cales son os niveis esixidos a cada un deles, haberá unha exhaustiva explicación da arte secuencial:
- Linguaxe do plano.
- Lectura subxectiva dunha imaxe, significados intrínsecos da mesma.
- Elementos propios da linguaxe do storyboard.
- Elección do momento clave que describe unha acción.
- Que podemos chegar a describir cun simple debuxo ou croquis.
- Trucos na construción de personaxes.
- Técnicas e trucos para composición de imaxes en dúas dimensións.
- Uso racional da perspectiva na composición de imaxes.
- Iluminación dramática.
- Debuxo áxil.
O Profe: Alfonso Martínez López.
Naceu en Cartagena, o 17 de marzo de 1976. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Granada (1999). Profesor de debuxo en Educación Secundaria desde o ano 2001, compaxina desde entón o seu labor docente con distintas actividades artísticas. Como pintor, fixo varias exposicións, tanto colectivas como individuais, en Granada, Murcia, Cartagena e Santiago; sendo esta última cidade onde reside desde o ano 2002. Desde entón colaborou sobre todo coa galería Auriol Arte.
- Mínimo común múltiplo (curtametraxe)
- Cerezas de invierno (curtametraxe)
- Curta esperanza (curtametraxe)
- Campaña publicitaria da Consellería de Pesca: 6 spots para televisión
- Campaña publicitaria de Leyma.
- Neggy and Sammy. Curtametraxe de animación.
Publicacións como ilustrador:
- Retorno a Natura. Alvarellos editora
- Máxico tear natural. Alvarellos editora.
- El libro de los besos y la niebla. Alvarellos editora.
- Días de namorar. Rinoceronte editorial.
- O regreso do caralludo Sr Mundo. (cómic) Volta ediciones.
…Amén de tantas cousas que non chegaron a ver a luz…






