Postprodución Dixital
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
PRAZAS AGOTADAS
Impartido por: Xosé CollazoNivel: Iniciación
Duración: 14 horas
Nº de prazas: 16
Cuota de inscrición: 50 €
Datas: 4 e 5 de febreiro
Programa
O taller consistirá nunha aproximación ao programa After Effects.
Cun desenvolvemento práctico veremos o seu uso para o traballo de posprodución
e a creación de créditos, uso de croma etc.
- Espazo de traballo.
- Traballo con máscaras, rotoscopia.
- Uso de croma.
- Estabilización da imaxe.
- Creación de créditos.
- Formatos de exportación.
Debido ao limitado tempo dispoñible non se intenta un coñecimento exhaustivo do programa,
senón dar una serie de coñecementos básicos para a realización de certo tipo de traballos, cromas,
créditos, eliminación de obxectos... moi útiles para as produccións audiovisuais.
O Profe: Xosé Collazo
Deseñador gráfico. Desenvolve a sua carreira profesional en estudos de deseño e axencias de publicidade en Madrid.
Actualmente traballa como freelancer. Reorientado a sua carreira sobretodo ao mundo do motion graphics e os audiovisuais para espectáculos de teatro. Traballos de postpo, montaxe e créditos para anuncios, curtas e online.






