Cartel
Cartel
Imprimir
PDF

Animación Stop Motion

algarabia logoImpartido por: Tomás Conde e Virginia Curiá (Algarabía)
Dirixido a: persoas interesadas na animacion stop motion
Nivel: iniciación
Duración: 28 horas
N.º de prazas: 25
Cuota de inscrición: 80 €
Datas: 4, 5, 11 e 12 de febreiro de 2012

Os participantes farán, desde o primeiro día, animacións con obxectos, persoas e plastilina, planificando o timing das accións.
Dividiremos a aula en grupos (un por cada unidade de cámara), en cada grupo terán que poñerse de acordo e faremos a práctica de rodar un spot de 20", para o que haberá que deseñar co mínimo consumo de tempo: a idea, o guión, storyboard (bocetado), planificación de rodaxe, timing dos planos, rodaxe  e edición. A edición resolverase no último día.
Contarase cunha unidade de rodaxe por cada cinco persoas. A unidade de rodaxe estárá formada por un trípode, cámara e ordenador.
A organización proverá de webcam para desenvolver a actividade. Sen embargo, os alumnos que o desexen poden traer unha cámara de vídeo que permita a súa visualización a través do ordenador mediante un porto firewire ou un USB 2.0, ou ben traer a súa propia webcam.
Todos os participantes deben traer ordenador portátil. O software de captura que utilizaremos será o Stop Motion Pro 4 (que é unha versión vella pero para aprender a técnica está sobrada). Recoméndase que o dito software veña xá instalado no portátil do alumno para gañar tempo o primeiro día e poñernos a rodar enseguida.
Os profes: Virginia Curiá e Tomás Conde
Virginia Curiá e Tomás Conde coñecéronse ao cursar estudos na Escola de Imaxe e Son da Coruña no ano 1993, alí foi onde realizaron o seu primeiro traballo de animación chamado “Alegrías de Puerta Tierra”. Desde entón, a plastilina segue sendo o seu medio de expresión audiovisual.
Algúns traballos de Algarabía

O soldadiño de chumbo.- Preseleccionado para os Goyas 2010 na categoría de Mellor Curtametraxe de Animación. Premio Mellor Curtametraxe de Animación no Festival REC de Rivadedeva 2009, no Festival Pata Negra de Guijuelo 2009, no III Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu 2010 e no do OF-estival-ON de Ribadeo 2010. Premio do Público no Festival Filmets de Badalona 2009.

As noticias do Guiñol.- Premio Mestre Mateo “Producción publicitaria” año 2007.

A escola das areas.- Premio Galicia no Certame Audiovisual do Casino de Vilagarcía 2002. Premio MestreMateo á Mellor Animación 2002.

Spot publicitario para UNICEF.- Setembro de 2007.

Felicitación 2011.- Peza viral de animación de 31” con máis de 51.000 visionados na rede.

Os difuntos falaban Castelao.- Premio Galicia no Certame Audiovisual do Casino de Vilagarcía 2001. Mención de Honra no Festival Internacional de Cine Inédito de Islantilla 2001. Premio Chano Piñeiro 2001 á Mellor Producción de Animación. Premio Chano Piñeiro 2001 ao Mellor Son. Mención especial á animación no 6º festival La Fila de Cortometrajes de Valladolid y 2º Europeo año 2002.