Obradoiros ESO
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Iniciación ás curtametraxes para alumnado de ESO
Impartido por: Luki Mathews (director de curtametraxes)
Nivel: iniciación
Duración: 14 horas + un día e
medio de rodaxe e edición
N.º de prazas: 25
Cuota de inscrición: GRATIS
Datas: 4, 5, 11 e 12 de febreiro
Preténdese con este obradoiro que o alumnado da ESO interesado no audiovisual poida ter unha visión de primeira man participando, e mesmo elaborando, unha curtametraxe durante o curso que propoñemos. O curso terá dúas fases ben diferenciadas:
4 e 5 de febreiro. Pre-produción
Nesta fase procurarase que todos os alumnos/as teñan unha visión o máis ampla posible das distintas facetas, tanto artísticas coma técnicas, que interveñen na realización dunha curta: son, iluminación, dirección, produción, fotografía, planificación do rodaxe (esceas, descansos, comidas, localizacións, proxecto fotográfico, traballo actoral, estética, etc).
11 e 12 de febreiro. Rodaxe e edición
Neste fin de semana (sábado e domingo) levarase a cabo a rodaxe e a edición das curtas, que serán estreadas na tarde do domingo 12.
Formaranse como máximo 2 grupos de rodaxe. A organización proverá a todos os equipos do seguinte material:
1 cámara dixital, baterías, 1 trípod., equipo informático para a edición con apoio técnico, 2 cintas MDV, 1 micro e 1 pértiga.
Observación xerais:
- Os equipos traballarán sobre un mesmo relato, obtendo así varias visions distintas, varios xeitos de narrar e varias estéticas distintas do mesmo feito.
- O curso levarase a cabo de xeito práctico e participativo tendo en conta o obxectivo final: a rodaxe do guión traballado anteriormente. Trátase, en definitiva, de traballar sobre distintos aspectos da pre-producción, produción e rodaxe.
- A organización procurará dispoñer de actores, actrices e figurantes para os distintos equipos que así o precisen e, así mesmo, poñerá ao servicio dos equipos as persoas nercesarias para labores de axudantes de produción (unha persoa por equipo).
- A organización encargarase de organizar as comidas para os/as participantes que o desexen; as comidas non están incluídas na cuota de inscripción.
- Todas as curtas realizadas e editadas neste taller deberán colocar nos créditos que son unha producción da Asociación “senunpeso producións”.






