Cartel
Cartel
Todas as conferencias do LAV 2012 son de asistencia libre e de balde. É decir, non é necesario estar inscrito en ningún Obradoiro nin pagar nada. O lugar de celebración das mesmas é no Salón de actos da Casa da Terceira Idade de Vedra. A duración das mesma é de 45 min. aproximadamente e despois terá lugar unha charla-coloquio na que os asistentes poderán facer as preguntas que estimen oportuno.
Imprimir
PDF

Vivir na Nube

Data: Domingo 5 de febreiro
Hora: 18.00
Lugar: Salón de Actos da Casa da Terceira Idade de Vedra
Impartida por Iñaki QuenerapúIñaki Quenerapú
Esta charla presentará o Internet que ven: “A nube”. Un paradigma que cambia radicalmente a forma en que habitualmente usamos os nosos ordenadores e Internet. “Vivir e traballar na nube” será o habitual dentro de poucos anos ainda que hoxe é aproveitado só por unha porcentaxe ainda pequena de usuarios. Veremos en qué consiste, coñeceremos as vantaxes que nos ofrece como usuarios e aprenderemos a implementalo pouco a pouco no noso uso cotián do ordenador.