Hai que saberse o texto?
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Hora: 19.45
Lugar: Salón de Actos da Casa da Terceira Idade de Vedra
Impartida por Avelino González
Cando un actor/actriz prepara un personaxe, unha secuencia, ten que levar unha proposta clara..., varias posibles..., ou ningunha?
Como se plantexa isto ante quen dirixe, falando... ou a traizón?
E cos compañeiros de secuencia?
Ou dende outro punto de vista, ata onde hai que ser fiel a un guión? Pode ser un actor/actriz creativo seguindo o guión ó pé da letra?
Aínda que pareza mentira, aquí cae ben o dito de "Por un lado eu que sei e polo outro que queres que che diga, o mais posible é que vai ti saber". Xa que depende de circunstancias moi concretas e nada aleatorias.






