Cartel
Cartel

Conferencias

Todas as conferencias do LAV 2012 son de asistencia libre e de balde. É decir, non é necesario estar inscrito en ningún Obradoiro nin pagar nada.  O lugar de celebración das mesmas é no Salón de actos da Casa da Terceira Idade de Vedra. A duración das mesma é de 45 min. aproximadamente e despois terá lugar unha charla-coloquio na que os asistentes poderán facer as preguntas que estimen oportuno.
Imprimir
PDF

Como facer visíbel o meu proxecto

Data: Sábado 4 de febreiro
Hora: 19.45
Lugar: Salón de Actos da Casa da Terceira Idade de Vedra


Fernanda del NidoImpartida por Fernanda del Nido

Estou desenvolvendo o meu proxecto, ¿como dar os primeiros pasos para facelo visíbel e/ou para presentalo?. Faremos unha introducción aos materiais xerais para presentar un proxecto, e a cursos, workshops e laboratorios para desenvolvemento dos mesmos. ¿Onde podo asistir co meu proxecto?


Imprimir
PDF

Vivir na Nube

Data: Domingo 5 de febreiro
Hora: 18.00
Lugar: Salón de Actos da Casa da Terceira Idade de Vedra
Impartida por Iñaki QuenerapúIñaki Quenerapú
Esta charla presentará o Internet que ven: “A nube”. Un paradigma que cambia radicalmente a forma en que habitualmente usamos os nosos ordenadores e Internet. “Vivir e traballar na nube” será o habitual dentro de poucos anos ainda que hoxe é aproveitado só por unha porcentaxe ainda pequena de usuarios. Veremos en qué consiste, coñeceremos as vantaxes que nos ofrece como usuarios e aprenderemos a implementalo pouco a pouco no noso uso cotián do ordenador.

Imprimir
PDF

Hai que saberse o texto?

Data: Sábado 11 de febreiro
Hora: 19.45
Lugar: Salón de Actos da Casa da Terceira Idade de Vedra
Impartida por Avelino GonzálezAvelino González

Cando un actor/actriz prepara un personaxe, unha secuencia, ten que levar unha proposta clara..., varias posibles..., ou ningunha?
Como se plantexa isto ante quen dirixe, falando... ou a traizón?
E cos compañeiros de secuencia?
Ou dende outro punto de vista, ata onde hai que ser fiel a un guión? Pode ser un actor/actriz creativo seguindo o guión ó pé da letra?

Aínda que pareza mentira, aquí cae ben o dito de "Por un lado eu que sei e polo outro que queres que che diga, o mais posible é que vai ti saber". Xa que depende de circunstancias moi concretas e nada aleatorias.


Máis artigos...