Inicios da Asociación Senunpeso
| Seguinte > |
|---|

Alá polo día 9 de agosto do ano 2009 ás 17:00 horas, reuníronse Abelardo Rendo Rial, Alexandre Furelos Guillén, Ramón Clavijo Salgado, Xosefina Guitián Lema, Fernando Lema Guerra e un tal José Manuel Tallón Pérez. Ao ser todos eles maiores de idade e sen antecedentes penais coñecidos, non se lles ocurriu outra cousa que constituír unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro, á que deron en chamar Asociación “senunpeso” producións.
Xa embalados coa idea, decidiron que foran os seus fins principais:
- Culturais
- Educativos e formativos
- Comunicativos.
- Promocionais
Así, xa ca mesma e aproveitando que estaban todos, consensuaron os Estatutos polos que se había rexer a Asociación, lidos nese mesmo acto e aprobados pola unanimidade dos asistentes. Xa postos a facer, elixiron o Órgano de Governo Provisional da Asociación, ao que se lle facultou para a tramitación da inscrición da Asociación no rexistro correspondente de Asociacións,así coma calquera outra xestión necesaria para a posta en funcionamento da asociación.
Visto o feito despois daquela tarde do verao do 2009, andan con medo de volverse encontrar todos xuntos por se se lles ocurre outra xenial idea.






