Cartel
Cartel
Imprimir
PDF

Obxectivos

Entendemos o audiovisual coma un traballo ou unha afición colaborativa, onde todas as partes son importantes, e que aproveitando e compartindo os coñecementos, a creatividade e os materiais pódense facer grandes productos audiovisuais sen necesidade de contar con grandes orzamentos.

A asociación “Senunpeso” producións naceu no ano 2009 co obxectivo principal de organizar Laboratorio Audiovisual de Vedra, LAV. Así podemos resumir os obxectivos nos seguintes puntos:

  • Formación audiovisual
  • Promoción
  • Exhibición

Tamén podemos considerar como obxectivos fundamentais o da promoción do medio rural como unha sociedade que existe, ten vigor, participación e que gosta de estar ao tanto do que acontece no mundo.