Obxectivos

Entendemos o audiovisual coma un traballo ou unha afeccción colaborativa, onde todas as partes son importantes, e que aproveitando e compartindo os coñecementos, a creatividade e os materiais pódense facer grandes produtos audiovisuais sen necesidade de contar con grandes orzamentos.

A Asociación Senunpeso Producións naceu no ano 2009 co obxectivo principal de organizar o Laboratorio Audiovisual de Vedra, LAV. Ademais, ao longo do ano facemos ciclos ou proxeccóns audiovisuais, tratando de chegar a todo o municipio e que as actividades teñan repercusión tamén fóra de Vedra. Así podemos resumir os obxectivos nos seguintes puntos:

  • Formación audiovisual
  • Promoción
  • Exhibición

Tamén podemos considerar como obxectivos fundamentais o da promoción do medio rural como unha sociedade que existe, ten vigor, participación e que gusta de estar ao tanto do que acontece no mundo.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?