Cartel
Cartel
Imprimir
PDF

GRACIAS!!

Gracias a todos e a todas os alumnos, profesores, técnicos e voluntarios que participáchedes na celebración do LAV012.

 Mención especial a Alberto Permuy, pola súa imprescindíbel axuda para montar a rede WiFi, e a Xerardo, o conserxe do CPI de Vedra, pola súa amabilidade e atención durante as xornadas.

E, como non, aos directores que estrearon as súas curtas e aos conferenciantes Fernanda del Nido, Iñaki Quenerapú, e Avelino González pola súa desinteresada e valiosa aportación transmitindo os seus coñecementos e experiencia nestas frias noites de Febreiro.

Desde Senunpeso estamos moi contentos do resultado desta edición.  Unha vez máis os feitos mantéñennos convencidos de que a cultura, os coñecementos e a a creatividade, se non se comparten, non merecen ser considerados como tais.

Agora quédanos valorar todo o que fixemos ben e o que fixemos mal, repoñer forzas e o ano que ven... xa veremos.



Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar