Cartel
Cartel
Imprimir
PDF

O LAV 2012 será nos dous primeiros fins de semana de febreiro

Foto Obradoiro operador de cámara 2011No mes de febreiro de 2012 (4, 5, 11 e 12) celebraremos no Concello de Vedra as V Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual LAV 012 organizadas pola Asociación “senunpeso producións”.

O LAV é unha proposta diferente que pouco a pouco vai consolidándose no ámbito do audiovisual e polo que xa pasaron máis de 500 alumn@s e máis de 30 profesionais que impartiron clases ao longo de catro intensos e satisfactorios anos.

 

LAV 012 é a 5ª edición e prantéxase como a consolidación do traballo levado a cabo nas anteriores edicións, mais tamén como unha aposta por afondar no carácter formativo das xornadas e potenciar a súa condición de escaparate de traballos audioviduais producidos en Galicia. As Xornadas constarán de tres liñas de actividade ben diferenciadas, aínda que complementarias entre sí:

Mostra audiovisual, na que ofreceremos, en calidade de estrea oficial, unha serie de traballos de distintos colectivos que están a facer propostas interesantes e alternativas aos modelos tradicionais de producións audiovisuais.

Obradoiros de formación audiovisual, nos que queremos ofrecer unha oportunidade de formación en diferentes aspectos da realización audiovisual, pensados para todos aqueles quen se queiran achegar por primeira vez a este mundo así como para profesionais do sector. Así, ofrecemos dous niveis de formación:

-Iniciación para os que se queren achegar por primeira vez a este interesante mundo

-Avanzados para os que están a cabalo do profesionalismo e os que son aficionados pero cun elevado grao de coñecemento.

Conferencias, nas que pretendemos complementar tanto as xornadas de formación como as proxeccións, ofrecendo temas de interese e de actualidade dentro do sector do audiovisual.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar