Cartel
Cartel

Novas

Imprimir
PDF

GRACIAS!!

Gracias a todos e a todas os alumnos, profesores, técnicos e voluntarios que participáchedes na celebración do LAV012.

 Mención especial a Alberto Permuy, pola súa imprescindíbel axuda para montar a rede WiFi, e a Xerardo, o conserxe do CPI de Vedra, pola súa amabilidade e atención durante as xornadas.

E, como non, aos directores que estrearon as súas curtas e aos conferenciantes Fernanda del Nido, Iñaki Quenerapú, e Avelino González pola súa desinteresada e valiosa aportación transmitindo os seus coñecementos e experiencia nestas frias noites de Febreiro.

Desde Senunpeso estamos moi contentos do resultado desta edición.  Unha vez máis os feitos mantéñennos convencidos de que a cultura, os coñecementos e a a creatividade, se non se comparten, non merecen ser considerados como tais.

Agora quédanos valorar todo o que fixemos ben e o que fixemos mal, repoñer forzas e o ano que ven... xa veremos.



Imprimir
PDF

Primeiro fin de semana do LAV012

E deixounos bon sabor de boca....

Imprimir
PDF

Programa completo LAV012

Este sábado, 4 de febreiro, en medio da ola de Frío Siberiano, dará comezo a 5ª edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra, o LAV012.
A estas alturas está garantida a celebración de todos os obradoiros programados, e dos 9 ofrecidos, 6 están completos. Esto significa que unhas 130 persoas, entre alumnos e profesores, pasarán polas aulas do LAV este ano. A isto há que sumar o público que acuda á Mostra Audiovisual e a escoitar as conferencias que se impartirán no transcurso das xornadas. Este será o programa completo dos catro días:

PROGRAMA
Cartaz LAV 012

Sábado 4 de febreiro

9.30 Recepción de participantes nos Obradoiros de:
- Animación Stop Motion
- Intérprete Diante da Cámara
- Iniciación ás Curtametraxes para alumnos de ESO
- Postproducción Dixital
- Dobraxe
10.00
Comezo dos obradoiros.
11.30 - 12.00
Pausa para o café
14.00
Pausa para xantar
15.30-19.30
Xornada de tarde
19.45
Conferencia. Cómo facer visíbel o meu proxecto.
- Impartida por Fernanda del Nido
20.30 Presentación do libro
Galicia en Clips.
21.00 Estrea.
La Canción de Ninar

Domingo 5 de febreiro

10.00 Comezo dos obradoiros.
11.30 - 12.00
Pausa para o café
14.00
Pausa para xantar
15.30-17.30
Xornada de tarde
17.30 
Entrega diplomas
- Obradoiros Interpretación e Postproducción
18.00 Conferencia:
Vivir na nube.
- Impartida por Iñaki Quenerapú
19.00 Estreas.
Noutra Pel e Xeira

La increible historia de Macareno y la Puta Milagrosa

Sábado 11 de febreiro

9.30 Recepción de participantes nos Obradoiros de:
- Open Video
- Story Board
- Corrección de Cor
- Márketing
10.00
Comezo dos obradoiros.
11.30 - 12.00
Pausa para o café
14.00
Pausa para xantar
15.30-19.30
Xornada de tarde
19.45
Conferencia. Hai que saberse o texto?
- Impartida por Avelino González
21.00 Estreas.
- Lipsis
- La Increible historia de Macareno y la Puta Milagrosa

entrega diplomas

Domingo 12 de febreiro

10.00 Comezo dos obradoiros.
11.30 - 12.00
Pausa para o café
14.00
Pausa para xantar
15.30-17.30
Xornada de tarde
17.30 
Entrega diplomas.

Imprimir
PDF

Onde Comer e tomarse un café

restaurantecafeteriaNesta edición non haberá servizo de comidas ofrecido pola organización. De todos os xeitos, no propio recinto, a Asociación de Pais de alumn@s de 6º de primaria, servirán a prezos polulares, cafés, chocolates e bocatas a todos aqueles que non queiran desprazarse. Tamén podedes traer o voso propio xantar ou ben comer nalgún dos bares, restaurantes e tabernas da zona. Ofrecémoste algúns deles e os mapas para poder localizalos.

Imprimir
PDF

Últimos cursos con prazas

Dos nove cursos que ofreceu este ano o LAV 012, seis xa están completos. Só en tres deles hai aínda prazas dispoñibles: animación stop motion, storyboard e taller audiovisual para alumnado da ESO. A matrícula pode formalizarse ata o 1 de febreiro.

O curso de Animación Stop Motion (80€ / días 4, 5, 11 e 12 de febreiro / 28 horas) será impartido por Tomás Conde e Virginia Curiá, de Algarabía Animación. Os participantes farán, desde o primeiro día, animacións con obxectos, persoas e plastilina, co obxectivo de rodar un spot de 20 segundos, pasando por todas as súas fases: a idea, o guión, o storyboard, a planificación de rodaxe, o timing dos planos, a rodaxe e a edición. Para isto contarase con unha unidade de rodaxe para cada cinco persoas.

Alfonso Martínez realizará un obradoiro ao redor dunha das ferramentas básicas da preprodución audiovisual, o Storyboard (60€ / días 11 e 12 de febreiro / 14 horas) Moitas veces prescíndese del, pero se miramos a lugares onde esta industria ten unha boa situación, descubriremos que hai moi poucos proxectos que se poidan realizar sen a súa axuda. A súa utilidade resúmese de xeito moi simple: a maior preprodución, menor produción.

O taller de Iniciación ás curtametraxes para alumnado de ESO (gratis / días 4, 5, 11 e 12 de febreiro / 28 horas), impartido por Luqui Mathews, é un obradoiro de balde para o alumnado da ESO interesado no audiovisual. O obxectivo é proporcionarlle unha visión de primeira man participando na elaboración dunha curtametraxe. O curso terá dúas fases ben diferenciadas: unha de preprodución e outra de rodaxe e edición. Na primeira procurarase que todos os alumnos e alumnas teñan unha visión o máis ampla posible das distintas facetas que interveñen na realización dunha curta. Deseguido levarase adiante a rodaxe e edición da peza, que será estreada na tarde do domingo día 12.

Imprimir
PDF

Aloxamento durante o LAV 012

A Asociación Senunpeso fixo o acordo "Findes de Cine" con diferentes locais de Vedra para ofrecer aloxamento aos participantes no Laboratorio Audiovisual de Vedra 2012 a prezos reducidos.

Os detalles da oferta son os seguintes:

Os locais participantes na oferta son: