Faite socio/a!!
| < Anterior |
|---|
Se concordas cos nosos principios, che gusta o audiovisual e che gustaría formar parte do noso colectivo, anímate e faite socio da Asociación “senunpeso” producións.
Por 20 € anuais pode beneficiarte de importantes descontos nas actividades que realizamos, incluidos os obradoiros audiovisuais do LAV, así como ser unha parte importante e activa da nosa organización.
Os soci@s terán un desconto do 10% nos obradoiros en que se inscriban, ata un máximo de 20€
Según os estatutos da asociación, os socios teñen os seguintes dereitos e obrigas
Artigo 9°.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
- Tomar parte nas Asembleas con voz e voto.
- Poder elixir e ser elixidos para cargos directivos.
- Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins
- Gozar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.
- Ter copia destes Estatutos.
- Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.
- Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
- Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora-lo cumprimento dos fins da asociación
- Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
Artigo 10°.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
- Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.
- Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
- Asistir ás Asembleas Xerais.
- Satisface-las cotas que se establezan.
- Observar unha boa conducta individual e cívica.
- Cumpri-los acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos.
Asóciate agora!!






