Cartel
Cartel

  • Story Board

    Impartido por: Alfonso Martínez
    Nivel: iniciación
    Duración: 14 horas
    Prazas: 16
    Cuota inscrición: 60 €
    Datas: 11 e 12 de febreiro


  • Curtametraxes para alumnos e alumnas de ESO

    Impartido por: Luki Mathews (director de curtametraxes)
    Nivel: iniciación
    Duración: 14 horas + un día e
    medio de rodaxe e edición
    N.º de prazas: 25
    Cuota de inscrición: GRATIS
    Datas: 4, 5, 11 e 12 de febreiro

Imprimir
PDF

Últimos cursos con prazas

Dos nove cursos que ofreceu este ano o LAV 012, seis xa están completos. Só en tres deles hai aínda prazas dispoñibles: animación stop motion, storyboard e taller audiovisual para alumnado da ESO. A matrícula pode formalizarse ata o 1 de febreiro.

O curso de Animación Stop Motion (80€ / días 4, 5, 11 e 12 de febreiro / 28 horas) será impartido por Tomás Conde e Virginia Curiá, de Algarabía Animación. Os participantes farán, desde o primeiro día, animacións con obxectos, persoas e plastilina, co obxectivo de rodar un spot de 20 segundos, pasando por todas as súas fases: a idea, o guión, o storyboard, a planificación de rodaxe, o timing dos planos, a rodaxe e a edición. Para isto contarase con unha unidade de rodaxe para cada cinco persoas.

Alfonso Martínez realizará un obradoiro ao redor dunha das ferramentas básicas da preprodución audiovisual, o Storyboard (60€ / días 11 e 12 de febreiro / 14 horas) Moitas veces prescíndese del, pero se miramos a lugares onde esta industria ten unha boa situación, descubriremos que hai moi poucos proxectos que se poidan realizar sen a súa axuda. A súa utilidade resúmese de xeito moi simple: a maior preprodución, menor produción.

O taller de Iniciación ás curtametraxes para alumnado de ESO (gratis / días 4, 5, 11 e 12 de febreiro / 28 horas), impartido por Luqui Mathews, é un obradoiro de balde para o alumnado da ESO interesado no audiovisual. O obxectivo é proporcionarlle unha visión de primeira man participando na elaboración dunha curtametraxe. O curso terá dúas fases ben diferenciadas: unha de preprodución e outra de rodaxe e edición. Na primeira procurarase que todos os alumnos e alumnas teñan unha visión o máis ampla posible das distintas facetas que interveñen na realización dunha curta. Deseguido levarase adiante a rodaxe e edición da peza, que será estreada na tarde do domingo día 12.

Imprimir
PDF

Aloxamento durante o LAV 012

A Asociación Senunpeso fixo o acordo "Findes de Cine" con diferentes locais de Vedra para ofrecer aloxamento aos participantes no Laboratorio Audiovisual de Vedra 2012 a prezos reducidos.

Os detalles da oferta son os seguintes:

Os locais participantes na oferta son:

Imprimir
PDF

Cartaz LAV2012

Cartaz LAV 012
Xá está dispoñíbel o cartaz do LAV 2012 listo para descargar.  As dificuldades para pechar todos os contidos das xornadas fixeron que non se poidera ter antes, pero a verdade é que quedou tan chulo que a espera mereceu a pena. Un gran traballo do noso secretario Fernando Lema.
Desde Senunpeso pedímosvos que nos axudedes a difundir a celebración das xornadas nos vosos ámbitos baixando e imprimindo o cartaz. Para baixalo só tendes que premer en el, e unha vez que se faiga grandote, darlle ao botón dereito do rato e seleccionar "Gardar imaxe como..."
Imprimir
PDF

Entrevista ao Presidente de Senunpeso

Logo Radio GalegaO pasado dia 7 de Xaneiro o presidente da Asociación Senunpeso, Mon Clavijo, foi entrevistado na Radio Galega dentro da sección que o programa "Somos Quen" dedica ao cine todos os sábados.
Ante as preguntas dos conductores do programa, Mon fixo un repaso pola oferta formativa da edición do LAV 2012, salientando un dos principios que moven á Asociación Senunpeso a organizar estas xornadas: poñer ao alcance de todo o mundo obradoiros de calidade que de outra maneira terían prezos proibitivos.
Mon destacou a calidade dos obradoiros, que se ben este ano son menos que en anos anteriores, manteñen os níveis de calidade que fixeron que o Laboratorio Audiovisual de Vedra colleite ano tras ano un gran éxito de participación e satisfación por parte dos alumnos.
Podedes escoitar a entrevista completa, a partir do minuto 6, premendo aquí.